Máis de 1.100 persoas incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta

As persoas contratadas prestarán servizos en residencias de maiores, centros de atención a menores e persoas con discapacidade, centros para persoas con dependencia e escolas infantís.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

Máis de 1.100 profesionais incorporáronse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta para diversas categorías sanitarias e de emprego social. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes as listas provisionais de admitidos e excluídos de forma anticipada e separada, coas que se busca unha maior dispoñibilidade para cubrir vacantes, substitucións e reforzar servizos públicos.

As persoas contratadas prestarán servizos en: residencias de maiores, centros de atención a menores e persoas con discapacidade, centros para persoas con dependencia e escolas infantís.

En total, foron 1.105 as solicitudes de incorporación a estas listas: 825 solicitudes para auxiliar de clínica e outras; 81 para fisioterapeuta; 62 solicitudes para a categoría de ATS e outras; 62 para terapeuta ocupacional; 22 solicitudes para a categoría de educador/profesor especial; 15 para titulado superior psicólogo; outras 15 para asistente social; 13 para técnico especial en xardín de infancia; sete para a categoría de titulado superior médico e outras; e tres solicitudes para titulado superior pedagogo.

As listas provisionais poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia no apartado de listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía; no teléfono 012; nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta.

Os solicitantes disporán dun prazo de 10 días hábiles desde este martes, data da publicación da lista no DOG para presentar reclamacións.

Edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña
Edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña | Fonte: Elisardojm - Wikimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta