A USC abre unha investigación polas palabras homófobas do profesor Neira

"Esta casa é grande e pode haber moitas opinións pero todos temos límites e os dereitos e deberes temos que cumplilos", asegura o reitor desta universidade, Juan Casares-Long.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/11/2013 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago (USC) decidiu abrir un procedemento administrativo contra o profesor Domingo Neira García. Este docente, adicou boa parte dunha das súas aulas de 'Didáctica e profesión Docente' a criticar duramente a homosexualidade, asegurou que as mulleres lesbianas teñen un Cromosoma XXX e relacionou a corrupción de menores coas "vodas gay".

Casares Long, reitor da USC
Casares Long, reitor da USC | Fonte: Seminario Galego para a Educación Flickr

"Non se lle pode acusar de pasividade a esta universidade", suliñou este mércores o reitor da USC, Juan Casares-Long, en declaracións a Galicia Confidencial. Sen embargo, evitou opinar sobre as duras declaracións de Neira --que non rectificou-- xa que, "agora hai un procedemento aberto e non se pode interferir nel".

O reitorado recibiu na mañá deste mércores o escrito dos alumnos de Primeiro de Maxisterio no que se relatan as declaracións que Neira realizou contra gays e lesbianas. "A sociedade está enferma e enganada pola homosexualidade, un tema do que xa non se pode opinar", “os homosexuais carecen de hombría e non poden educar” porque “a homosexualidade é contaxiosa” e que por iso precisamente “tampouco se pode permitir a parellas do mesmo sexo a adoptar, posto que lles pasarían o seu mal aos seus fillos”, son algúns dos argumentos que utilizou nunha discusión que se orixinou cando unha alunna fixo unha pregunta sobre a pederastia.

Procedemento que non é público

Desde ese momento, o reitorado decidiu nomear un instructor que se encargará de levar adiante ese proceso administrativo que, pode derivar, nun procedemento xudicial. "Os procedementos non son públicos e son garantistas para todas as partes e o instructor fai unha recomendación ao reitor e o reitor decidirá", apuntou Casares-Long que se amosou sorprendido polas declaracións e suliñou que "estas cuestións non soen suceder" na USC. De feito, é a primeira vez que, baixo o seu mandato, se abre un proceso administrativo deste tipo.

E que lle pode pasar ao profesor Neira?. "Pois a súa sanción pode ser de 0 a 100", indicou o reitor. É dicir, que no mellor dos casos as súas declaracións poden quedar en nada e, no peor, poden ser motivo da súa expulsión da USC e mesmo da apertura de procesos pola vía xudicial. "Isto non é habitual. É un tema que preocupa, pero na administración pública non se pode actuar no mesmo día e a universidade é eficiente e xa tomou medidas", recalcou.

Logo de todo o acontecido, Casares-Long quere precisar que este tipo de comportamentos non son "habituais" na USC. "Esta casa é grande e pode haber moitas opinións, pero a nosa función é formar persoas libres e autónomas e profesionais competentes", indicou. "Vivimos nunha sociedade democrática e todos temos límites e os dereitos e deberes todos temos que cumplilos", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 menta

Ao mellor non son conductas viciosas as promiscuas que son maioritarias nos gays, nin as que manteñen en asesos públicos, sex-shops a traverso de buratos polos que introducir o membro viril, ou en áreas de descanso galegas onde un pai non pode parar cos seus meniños a calquera hora do día ou da noite, a risco de atoparse cunha escea porno. Tamén son conductas viciosas as que protagonizan os clientes das rameras ¿Tampouco cabe a crítica? ¿Ou os clientes das rameras sí, e os que deixan as areas de descanso das autovías e autopistas cheas de cleanex, defecacións e preservativos, estes non se poden chamar viciosos? Canta estupidez.

2 eusi

Tarde piache Casares! Hai alunos que levan anos protestando, non só polos intentos de lavado de cerebro, senón porque só permite os seus textos na aula que hai que mercar obrigatoriamente, senón pódense considerar reprobados e chegar ao final da carreira con esa asignatura por aprovar. A universidade está chea de PPatetismo reseso, coma a maioria das institucións "democráticas", comezando polas da Unión Europea. PPaifocos ao PParo.

1 Mimadriña

Que a súa sancion pode ser de 0 a 100? Tanta marxe ten a USC para esta escoria de profesorado? Falaredes disto cando queirades captar alumnado para os vosos ridículos masters? Este tipo deberá formar parte da cola do paro máis pronto ca tarde. A outro nivel, todos os que tivemos que sufrir a nosa formación na USC, fixemos fronte a ducias de : Desequilibrados mentais, clans completos de familiares, profesorado cunha falta profunda de aptitudes para a docencia. Tamén a profesorado cunha gran falla de reciclaxe, endogamia e descoñecedores/as das materias que imparten. Tamén a profesorado que non acude ás horas de titoria, correos electrónicos que se responden no mellor dos casos con semanas de retraso… Agggg.