"Twitter en galego": "Á xente éncheselle o peito ao ver que a súa lingua está na plataforma"

A iniciatia 'Twitter en Galego' cumpre dez anos con retos por diante e moita historia: "os usuarios tivemos que traducir palabra por palabra a interfaz", afirma Carlos García Vieito, un dos seus impulsores.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

“É que sempre conto o mesmo”. Carlos García Vieito explica, por vez enésima, como se lanzou hai agora dez anos a unha aventura coa que conseguiu conquistar un pequeno dereito para a lingua galega: a dispoñibilidade da web de Twitter, que ata entón era accesible só en castelán ou inglés, en galego.

Logo de Twitter - Twitter
Logo de Twitter - Twitter

A mobilización deste xalleiro arrincou hai agora dez anos, en 2011, motivada pola “indignación” de “non poder configurar a túa rede social en galego”, destaca. “É cuestión de concienciación e normalización da lingua”, apunta Vieito, que vén de ser premiado pola Deputación da Coruña co galardón Rosalía de Castro. 

A loita por contra coa rede social americana na lingua de Galicia quedou cristalizada na conta Twitter en galego (@chio_en_galego), que nos últimos dez anos liderou auténticas campañas de masas para insistir á plataforma de Jack Dorsey que permitira a inclusión do galego na súa interfaz. Como as administracións non recolleron a demanda de Vieito e compañía, tiveron que ser os internautas os que “bomberaran” Twitter con peticións.

PALABRA POR PALABRA

Finalmente, a plataforma atendeu a demanda e abriu as portas do seu centro de tradución aos internautas galegos. Aí chegou o paso “máis complicado”, en palabras de Vieito: os usuarios implicados lanzáronse a procurar eles mesmos as palabras máis axeitadas para eses termos que, en moitos casos, non contaban con sinónimos directos. “Foron centos de voluntarios e voluntarias”, destaca o propietario da conta.

A iniciativa Twitter en Galego (@chio_en_galego).
A iniciativa Twitter en Galego (@chio_en_galego).

A tradución, malia dificultosa, rematou artellada “en tempo récord” --apenas seis meses-- e entrou a funcionar pouco despois. O galego, con todo, tan só se atopa dispoñible na vesión web da plataforma; unha cuestión problemática porque, segundo apunta Vieito, a maioría dos internautas consumen e comparten información dende os seus móbiles. 

"ORGULLO" PARA A LINGUA

De aí que agora a reivindicación estea en trasladar esa tradución á dimensión smartphone da app. “A tradución xa está feita pero queda pendente de que Twitter actualice as súas linguas”, unha cuestión na que, apunta, non se ve moi implicada agora mesmo á compañía. 

Por iso apunta que seguirán loitando de cara conquistar esta demanda que vencella unha vontade de normalización. “Ti non necesitas que Twitter estea en galego para poder chíar en galego, pero é cuestión de visibilización e prestixio da lingua. Á xente éncheselle o peito ao ver que a súa lingua estea na plataforma e conta cunhas características propias”, destaca. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 nostrus

Que pesaos. Algunos creen que los gallegos somos una especie de la fauna con unos comportamientos predeterminados y de los que no podemos salir, pero los gallegos somos personas libres con capacidad de decidir y escoger la lengua que queremos hablar, la dieta que queremos tener o a quien queremos amar. Por otra parte en Galicia tenemos dos lenguas y el poner al gallego como la única lengua de los gallegos no deja de ser una falsedad más de las muchas a las que nos tienen acostumbrados.

1 Gamela

Pasarán outros dez anos ? E xa ninguén empregará Twitter logo de ver como o seu algoritmo penaliza as contas que non comulgan co neoliberalismo económico que defenden as Corporacións Transnacionais ! É curioso ver como deixamos morrer unha rede social en galego para ser ninguén nas Redes do Imperio ! https://cabozo.com/index.html Algún día teríamos que falar con calma desta traizón ao futuro de Galicia !

1 Sentidiño

Sempre neghatifo! Nunca positifo! 😉

2 Gamela

Eu diría Realista, por máis que teñamos Twitter "en galego traducido por nós" se a empresa non prioriza estas contas no seu "algoritmo" seguramente remataremos falando entre os catro de sempre... Lembra o sucedido coas diversas épocas de Chuza e similares... Por iso non comprenderei nunca o abandono dunha Rede Social Galega 100% e totalmente gratuíta que o "nacionalismo reinante" deixou morrer sen siquera explorala (?) Quixera ser máis positivo, pero non podo... Saúde !