Galicia camiña xa cara o 50% de poboación inmunizada

Case o 68% dos galegos conta con polo menos unha dose da vacina e máis do 46% está xa inmunizado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2021 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

Galicia supera o 67% da poboación a vacinar contra a covid-19 con polo menos unha picada, 28.903 persoas máis que a xornada anterior, co que se supera o millón e medio de persoas cunha dose. Mentres tanto, 1.106.192 galegos contan xa coa pauta completa, o que representa o 46,82%.

Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste pasado venres centrouse fundamentalmente en administrar primeiras doses, en especial ao grupo de 40 a 49 anos, con 28.248 cidadáns máis. Nestas franxas, o 74% dos galegos susceptibles de recibir a vacina, xa contan, como mínimo, coa primeira inxección.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do venres, recollidos por Europa Press, que indican que se administraron 2.600.212 dose, 33.618 máis que o día anterior. Son o 94,75% das 2.744.115 recibidas ata a data.

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, ata o momento 131.108 persoas maiores de 85 anos recibiron polo menos unha dose (+21); 95.955 de 80 a 84 anos (+15); 134.000 de 75 a 79 anos (+21); 152.383 de 70 a 74 anos (+22); 157.953 de 65 a 69 anos (+60); 169.420 de 60 a 64 anos (+129); 181.726 de 55 a 59 anos (+111) e 188.201 de 50 a 54 anos (+137).

Ademais, foron vacinadas 22.409 persoas de 35 a 39 anos (+58); 18.166 de 30 a 34 anos (+54); 14.426 de 25 a 29 anos (+23); 7.752 de 20 a 24 anos (+6); 806 de 15 a 19 anos (+1) e 12 de 10 a 14 anos --sen cambios--.

Por tanto, 1.603.491 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda Galicia, que constitúen 28.903 máis que a xornada anterior. Con estas cifras, o 67,86% da poboación diana xa está vacinada na Comunidade galega.

Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta