Temas: FRASEOLOXíA

Expresións galegas equivalentes á castelá “las apariencias engañan”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 04/07/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Para manifestar que non todo o que parece ser dun determinado xeito é en realidade dese xeito, dando polo tanto a entender que o aspecto ou visión externa de persoas e cousas pode provocar que formemos unha opinión equivocada acerca delas, en castelán é moi habitual botar man da secuencia expresiva las apariencias engañan.

Entroido de Viana do Bolo
Entroido de Viana do Bolo | Fonte: Europa Press.

Vexamos expresións galegas que veñen a incidir no mesmo contido.

Las apariencias engañan

{= Expresión con que se dá a entender que non todo o que parece ser dun determinado xeito é en realidade dese xeito.}

As aparencias enganan

O parecer non é ser

As aparencias menten

O parecer non é querer nin é ser

Ex.: El profesor insiste en que no nos dejemos guiar solo por lo que vemos, que las apariencias engañan y muchos de esos malotes lo que tienen en realidad es un problema de inseguridad y autoestima... aunque yo no lo tengo tan claro como él.

O profesor insiste en que non nos deixemos guiar só polo que vemos, que as aparencias enganan que o parecer non é ser que as aparencias menten que o parecer non é querer nin é ser e moitos deses malandros o que en realidade teñen é un problema de inseguridade e autoestima... inda que eu non o teño tan claro coma el.

● Tamén, en contextos en que se dá conta de alguén ou algo, ou se advirte de alguén ou algo, que baixo unha aparencia inocua, ou mesmo benigna, pode ser falso ou perigoso:

Ás veces o demo ten cara de coello

Ex.: —¡Con lo agradable y simpático que se hacía para todos, cualquiera diría que era un puto maltratador! —Sí, amigo mío, pero las apariencias engañan.

—¡Co xeitoso e simpático que se facía para todos, calquera diría que era un puto maltratador! —Si, meu home, pero as aparencias enganan pero o parecer non é ser pero as aparencias menten pero o parecer non é querer nin é ser pero ás veces o demo ten cara de coello.

Ex.: —Es la mejor inversión que puedes hacer, y, por lo que me han asegurado, sin riesgo alguno. —No te fíes, chico, que muchas veces las apariencias engañan.

—É o mellor investimento que podes facer, e, polo que me aseguraron, sen risco ningún. —Non te fíes, meu rei, que moitas veces as aparencias enganan que moitas veces o parecer non é ser que moitas veces as aparencias menten que moitas veces o parecer non é querer nin é ser que ás veces o demo ten cara de coello.

● E inda tamén, nunha liña semellante e só nalgún ca outro contexto, dando sobre todo a entender que non se deben facer xeneralizacións ou extrapolacións xerais a partir de certos detalles:

Non todos os que asubían son arrieiros nin todos os que montan son cabaleiros && Non todos os que asubían son castradores && Non todo o que pon chistera é persoa principal && [E MAIS TAMÉN, NALGÚN CA OUTRO CONTEXTO]: Un burro cargado de libros non é doutor

● E inda, igualmente en contextos e tamén nesta mesma liña, asociada a ámbitos de uso populares e familiares:

Non son homes todos os que mexan contra a parede

NOTAS:

1. Nótese que hai contextos nos que varias destas expresións poderían confluír coas que veremos na vindeira entrega, que son as equivalentes á castelá no es oro todo lo que reluce.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ferro Ruibal, Xesús: Refraneiro Galego Básico. Biblioteca da Cultura Galega. Ed. Galaxia, Vigo, 1995.

- Ferro Ruibal, Xesús & Veiga Novoa, Cristina: “Paremias selectas. Un manuscrito bonaerense (1956) de Vicente Llópiz Méndez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 265-315. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Losada Álvarez, Ramón & Fernández Pampín, Vanesa: “Falares de Boqueixón”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 151-213. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta