Premio á Deputación de Pontevedra por ter o mellor plan do Estado para potenciar a bicicleta

O ente provincial logrou adiantar ao Concello de Barcelona, entre outros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O modelo de circulación de Pontevedra volve ter premio, pero neste caso é para a provincia en conxunto. A Deputación vén de recibir o galardón ‘Bikefriendly 2021’ da Rede de Cidades pola bicicleta en atención ao seu ‘Liderado e Compromiso’ --así se chama a categoría-- para impulsar o emprego da bicicleta como medio de transporte urbano. 

Ciclista. MIKEL AZPARREN
Ciclista. MIKEL AZPARREN

A Deputación queda así recoñecida pola Rede como a institución do Estado con mellor proxecto para conseguir que a xente se pase ás dúas rodas sen motor, obxectivo que queda recollido no proxecto Ágora, onde se desenvolven estas tentativas para conseguir usos alternativos ao coche particular ou mesmo o transporte público, neste caso. 

Pontevedra eríxese como número un nesta categoría tras collerlle o relevo a Sevilla, anterior galardoada, e adiantar o Concello de Barcelona ou a Deputación Foral de Bizkaia, entre un total de dez entes públicos que presentaron a súa candidatura á categoría en cuestión. O deputado responsable en Pontevedra, Uxío Benítez, amosouse satisfeito ante o recoñecemento ao plan Ágora e anunciou que este “marca o inicio doutros posibles premios”, xa que “aínda ten moito percorrido por desenvolver”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta