A Audiencia da Coruña absolve a un acusado de maltratar e abusar sexualmente da súa filla por falta de probas

O tribunal destaca que "non existían informes médicos, psicosociais, documentos, testemuñas, nada máis".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a un home dos delitos de malos tratos e abusos sexuais respecto da súa filla que lle imputaban por falta de probas.

O tribunal explica que o feitos obxecto de acusación estaban "fundados exclusivamente na declaración da denunciante no xulgado de instrución, pois foron negados polo seu pai e a nai nunca declarou".

Así, destaca que "non existían informes médicos, psicosociais, documentos, testemuñas, nada máis". Por iso, e ao acollerse a denunciante ao seu dereito a non declarar durante o xuízo, o Ministerio Fiscal viuse obrigado a retirar a acusación por un delito de agresión sexual, aínda que mantivo a acusación polos outros dous delitos.

"No acto do xuízo non se practicou proba algunha da que se poida inferir, se queira por indicios, a comisión dos delitos polo acusado", subliñan os maxistrados, quen indican que o sospeitoso "deu unha explicación con relación ao tema da saúde e hixiene persoal da súa filla, que se negaba a lavarse, con respecto ao exame da zona vaxinal e a labazada".

Esas explicacións, segundo a sentenza, "non resultaron desacreditadas por proba algunha practicada pola acusación e coinciden basicamente co que no seu día declarou ante o xulgado de instrución".

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta