O castelo de Portomeiro volve estar "aberto por escavación"

Os arqueólogos retoman a actividade para desentrañar as incógnitas deste xacemento, ao que se poderán achegar os curiosos para comprobar o avance das obras e recibir explicacións dos expertos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A arqueoloxía galega avanza para desentrañar un dos segredos mellor gardados pola terra da Comunidade. O Castelo de Portomeiro, situado no Val do Dubra, segue a estar rodeado por moitos misterios. Aínda que certos indicios apuntan a que se trata dunha construción da Alta Idade Media, os expertos non se atreven aínda a datalo con precisións. Unha néboa que persiste porque a escavación deste xacemento segue en curso, e ha de continuar axiña.

Xacemento do Castelo de Portomeiro, no Val do Dubra
Xacemento do Castelo de Portomeiro, no Val do Dubra | Fonte: Castelos no aire

Será o próximo luns 12 de xullo cando comece a segunda campaña de escavación arqueolóxica neste xacemento do Val do Dubra. O equipo volverá poñer mans á obra coordinados polos expertos Jose Carlos Sánchez Pardo e Mario Fernández-Pereiro, que desta vez contarán co esforzo dun nutrido grupo de estudantes do grao de Historia da USC.

“Consideramos moi interesante non só a intervención e os novos datos a obter sobre a Alta Idade Media neste territorio, senón tamén a formación práctica de estudantes do grao de Historia no traballo arqueolóxico”, comenta o profesor José Carlos Sánchez Pardo. Á parte dos estudantes do grao santiagués, á escavación poderán achegarse todos aqueles curiosos que queiran apreciar os traballos ou mesmo recibir unha explicación in situ da man destes galego que traballan para esclarecer as incógnitas que seguen pendendo sobre Portomeiro. 

"ABERTO POR ESCAVACIÓN"

Os traballos quedarán centrados na escavación parcial de tres edificios e a consolidación dun deles. Esta segunda campaña de traballos vén da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a Asociación Cultura Larada, propietaria do xacemento. Como na anterior intervención, os traballos serán realizados por un grupo de investigadoras do grupo de investigación Síncrisis e en colaboración coa empresa ‘Tempos Arqueólogos’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta