A Xunta Electoral devolve a facultade de votar en colexio electoral a catro maiores e o PP pon en dúbida a validez de todos os sufraxios emitidos por esta vía.
  comenta   0
Ás 12 horas da mañá do sábado, 8 de abril, uns pregoeiros desenvolverán un espectáculo no que informarán do que acontecerá a fin de semana na cidade de Monforte, dándolle paso ao saúda do Alcalde. Tras o saúda do Alcalde, e por quinta vez consecutiva, haberá unha salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, para dar inicio oficial á Feira.
Reivindica o combo de experiencia e renovación: a idade media das súas cabezas de lista é de 52 anos e suman 2.000 "de experiencia" de xestión
  comenta   0
O equipo de "Castelos no aire", con Mario Pereiro ao fronte inicia unha campaña no monte Galiñeiro buscando un castelo da Alta Idade Media.
  comenta   0
As hospitalizacións por esta enfermidade durante o devandito período de tempo levaron uns custos superiores aos 1.200 millóns de euros.
  comenta   0
Unha investigación a cargo das universidades de Santiago, A Coruña, Newcastle e St Andrews, así como o CSIC, profunda no rol do mosteiro como axente ordenador deste lugar.
Veciñas e veciños deste concello viaxaron a Bruxelas para coñecer as institucións europeas e facer os contactos necesarios para que o rural volva a ser un lugar para poder vivir sen ter que emigrar.
  comenta   0
O proxecto arrincará en Negreira, onde se celebrará do 22 ao 31 de outubro, para continuar do 3 ao 14 de novembro en Padrón e pechar na sede de Afundación de Ferrol, do 3 ao 17 de decembro
  comenta   0
É unha iniciativa sen subvención de ningún tipo realizada pola web historiadegalicia.gal e o proxecto rustasdehistoria.gal na que colaboran varios xornais e radios locais de Galicia e destacados historiadores, arqueólogos e divulgadores do país.
  comenta   0
A semana pasada coincidiron no mesmo día e hora dúas celebracións arredor do coñecemento da memoria do Couto Mixto. Nun, a antropóloga Paula Godinho participou no “Congreso Internacional da Fronteira Hispano-Portuguesa: pessoas, povos e palavras” cun relatorio titulado “Memoria do Couto Misto: fronteira, liminaridade e condiçao cosmopolita”; noutro, Mario García, deputado do PSC, de oríxes arraianas, concretamente de Randín, onde ten “casa aberta con fume”, pedía o recoñecemento oficial do Parlament de Catalunya para o Couto Mixto.
  comenta   0
A investigadora e museóloga vén de participar nas II Xornadas Pacegas organizadas pola Deputación de Lugo no Pazo de Tor, coas que se procura poñer voz á memoria oculta e esquecida da servidume dos castelos durante a Idade Media.
É unha construción da Idade Media que viviu as guerras pola independencia de Portugal.
As granxas de vacún enfrontan unha das peores crises da súa historia ante a ineficacia dunha lei estatal que segue permitindo a venda a perdas. O SLG apunta á Xunta como cómplice do “desmantelamento” por excluír das axudas ás pequenas explotacións: “abren a porta a máis eólicos e eucaliptos”.
  comenta   0
San Xoán de Río protagonista dunha ampla reportaxe en “The Wall Street Journal” sobre a desertización do mundo rural. A residencia de maiores é o principal motor económico do concello.
  comenta   2
Un total de 14 xuíces da nova promoción terá como destino Galicia.
  comenta   0
Farao entre os 15 e 19 de novembro a todos os se somentan a unha análise de sangue e contesten unha enquisa.
  comenta   0
Galicia precisa de referentes de éxito.
  comenta   0
A vida política nas diferentes partes do mundo xira a golpes de timón e, moitas veces, trae novas inesperadas. De súpeto dende o século vinteún pásase a ollar a idade media. E todo parece camiñar cara atrás.
  comenta   0
Existiron, no pasado, sentenzas xudiciais que obrigaban aos delincuentes a expiar os seus pecados a través da peregrinación a Compostela. Hoxe tamén chegan á Catedral delincuentes, pero procedentes de cárceres, para os que o Camiño é terapia. Falan o historiador Jose Miguel Andrade e o Sacerdote-Director da Pastoral Penitenciaria de Mallorca, Jaume Alemany.
  comenta   0
Os arqueólogos retoman a actividade para desentrañar as incógnitas deste xacemento, ao que se poderán achegar os curiosos para comprobar o avance das obras e recibir explicacións dos expertos.
  comenta   0
Rairiz de Veiga foi testemuña da unión entre Pedro e Muño, considerado o primeiro matrimonio homosexual documentado do Estado español. Porén, segundo o filólogo Carlos Callón, non debe considerarse como un feito extraordinario da sociedade medieval.
  comenta   2
As análises dos restos de quince individuos soterrados na capela do Pilar indican que formaban parte dunha casta privilexiada dos séculos XIV e XV. O achado de seis menores de 7 anos sorprendeu ás investigadoras Olalla López Costas, Gundula Müldner e Kerstin Lidén.
  comenta   0
Trátase dun castelo da Idade Media que está catalogado como ben de interese cultural (BIC). Greenalia e Galenergy proxectan seis parques eólicos na zona.
  comenta   0
O presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, subliñou que Alfonso X "levou á maior cualificación á lingua galega tanto na lírica profana como na relixiosa durante a Idade Media".
  comenta   0
As masas de árbores, situadas en Ourense, terán prioridade para recibir subvencións, pero sen pechar a porta á súa desforestación para proxectos industriais.
  comenta   0
Un estudo do CSIC e da Xunta poñen xa data a estensión das bancadas de viñedos, tal e como as coñecemos, nesta comarca de Galicia.
O CSIC deseña unha ferramenta que permite xeolocalizar construcións da Península Ibérica, Italia e o sur de Francia de entre os séculos XI e XIII.
  comenta   0