Como se deben limpar as praias?

O uso de maquinaria pesada para realizar unha limpeza exhaustiva das praias impacta negativamente nos areais e na súa biodiversidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A chegada do bo tempo e a maior afluencia nas praias galegas provocan que sexa necesaria unha limpeza máis exhaustiva dos areais. Aínda que se esixa aos usuarios un maior coidado para manter a hixene de area e auga, a limpeza posterior é necesaria. O uso de maquinaria pesada para realizar unha limpeza máis profunda pode impactar negativamente nas praias, por iso a asociación Ecoloxistas en Acción vén de presentar o manual "Recomendacións para a limpeza de praias"

A degradación das algas é clave para conservar a biodiversidade das praias estuáricas galegas
A degradación das algas é clave para conservar a biodiversidade das praias estuáricas galegas | Fonte: DUVI.

Dende a asociación apuntan que a limpeza mecanizada das praias sen aplicar criterios xeomórficos e ambientais pode provocar unha redución dos sediementos, alteración da biodiversidade existente e alterar os perfís das praias. Ademais, as pas escavadoras ou máquinas cribadoras produce unha compactación da area que favorece a entrada da ondada.

As consecuencias negativas son maiores nas zonas dunares, pois a eliminaicón vexetal facilita a acción directa do vento erosivo e a retirada de placto pode producir desastabilizacións dos sedimentos. 

A isto súmaselle a retirada involuntaria de algas de forma mecánica, cando o correcto, segundo o manual, sería recollelas de forma natural e depositalas noutro lugar da mesma praia. Son o hábitat e alimento de diferentes especies como crustáceos ou insectos, cuxa existencia depende totalmente das algas depositadas nas praias polas mareas. A bióloga e voceira da área mariña de Ecoloxistas en Acción apunta que "o concepto de suciedade non pode asociarse á presenza dos acúmulos de algas que cumpren un notable papel ecolóxico". 

Por iso, dende Ecoloxistas en Acción agardan que o manual, que presentaron aos concellos das Rías Baixas, serva de guía para rematar coas prácticas agrevas para a biodiversidade dos areais.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta