Celebracións como vodas en concellos con novas restricións poderán manter convidados este fin de semana

Os donos dos establecementos deberán comunicalo, iso si, ás xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

As celebracións e eventos en establecementos de restauración programados para este fin de semana, días 10 e 11 de xullo, poderán manter o número de participantes previsto con anterioridade.

Desta maneira, vodas, comuñóns ou outros festexos que teñan lugar en concellos con novas restricións non se verán afectados se estaban xa programadas antes do 9 de xullo. Iso si, esta moratoria na aplicación das normas que establece o Diario Oficial de Galicia (DOG)-Bis só afecta a este fin de semana.

"Nos concellos que soben o seu nivel de restricións, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da referida elevación de nivel", sinala o DOG, aínda que precisa que terán que ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan "adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes".

NIVEIS DE CONCELLOS

A partir do próximo sábado, estarán en nivel medio os municipios de Pontevedra, Ourense (un dos que sobe de nivel), Culleredo (sobe), Ribadavia, Barbadás, Poio, Marín (sobe), Redondela (sobe), Salceda de Caselas (sobe) e Caldas de Reis (sobe).

Nestes municipios a hostalaría ten un aforamento do 50 por cento nas terrazas e do 30 por cento en interiores. Con mesas de 15 fóra e de seis comensais dentro.

En nivel alto de risco permanecerán desde o sábado os municipios da Illa de Arousa (sobe de nivel), Vilagarcía de Arousa (sobe de nivel), Cambados, Vilanova de Arousa e Sarria. Neles, a hostalaría só pode abrir ao 50 por cento nos exteriores.

Arquivo - A MODA CIRCULAR TAMÉN CHEGA Aos VESTIDOS DE NOIVA. CEDIDA POR VINTED - Arquivo
Arquivo - A MODA CIRCULAR TAMÉN CHEGA Aos VESTIDOS DE NOIVA. CEDIDA POR VINTED - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta