Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2021 | Actualizada ás 16:35
Un total de 30 gandeiros galegos participaron nunha xornada de formación organizada pola Xunta sobre a identificación de oportunidades de control de herbas adventicias --coñecidas como malas herbas-- na produción de millo forraxeiro en ecolóxico.
Nun comunicado, a Consellería de Medio Rural informou de que o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude foi o encargado de organizar o curso na leira de produción ecolóxica 'A Sobreira', do municipio de Boimorto, co obxectivo de "dar a coñecer novas técnicas de produción forraxeira".
Desde Medio Rural sinalaron que estes procedementos mecánicos de control de malas herbas "resultan de gran interese para a produción ecolóxica de forraxes". A aposta da Consellería por estas técnicas segue a liña que marca a Política Agraria Común (PAC) en materia de sustentabilidade no uso de fitosanitarios para o control deplagas adventicias.
O proceso formativo foi organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), no marco do plan de formación continua 2021 que deseñou "para contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector tanto agrícola como forestal" a nivel técnico e económico mediante a oferta de distintos cursos de formación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.