Sanxenxo fai probas de detección de covid-19 para "mellorar a seguridade e funcionamento do lecer nocturno"

O Concello está por enriba de 250 casos por cada 100.000 habitantes.

Por E.P. | Sanxenxo | 13/07/2021 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O Concello de Sanxenxo colabora coa Consellería de Sanidade para facer probas de detección de casos de Covid-19 que contribúan a "mellorar a seguridade e funcionamento do lecer nocturno".

Varios mozos nun dos locais de lecer nocturno do Porto de Sanxenxo
Varios mozos nun dos locais de lecer nocturno do Porto de Sanxenxo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

Así o informou este Concello, que explica que Sanxenxo "ten nestes momentos 75 positivos que supón unha incidencia por enriba de 250 casos por cada 100.000 habitantes".

Por iso, explica que o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Sanidade "están a traballar xa na procura dunha estratexia" que, puntualiza, "permita aos veciños e visitantes poder realizar probas diagnósticas que contribúan a mellorar a seguridade e o funcionamento do lecer nocturno".

"Nas últimas horas moitos negocios transmitíronnos a súa preocupación polo incremento dos casos", destacou o Concello desta localidade das Rías Baixas que no verán rexistra un aumento de poboación pola chegada de xente de fóra.

Por iso, subliña que "o goberno de Sanxenxo con humildade, pero con convicción quere ser altofalante de miles de familias que viven da hostalaría e a actividade turística" e, conclúe, "ven con gran preocupación que se poida truncar a recuperación dos seus negocios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta