EB di que é o primeiro partido en rexeitar a política como actividade profesional

Critica que o Partido da Terra diga que é pioneiro en desprofesionalizar a política.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/12/2013 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O partido Escaños en Blanco asegura que é o primeiro partido político que rexeita a política como actividade profesional e remunerada.

Esta formación, remitiu un escrito ao GC en relación a unha información na que se suliñaba que o PT "podería ser" a primeira formación galega en rexeitar a profesionalización da política.

Sen embargo, Escaños en Blanco apunta que este suposto xa aparece recollido no seu programa electoral. "EB non solicitará nin aceptará subvencións públicas (en particular as adxudicables por escanos, votos e envío de propaganda electoral)”, sinala no seu programa no que, ademais, sinala que os seus candidatos, “de resultaren elixidos, non adquirirán a condición plena de deputado" xa que "ao non exercer como tales, non terán dereito a ningún tipo de remuneración económica en forma de soldo, dietas ou complementos”. 

Escaños en Blanco leva presentándose a todas os procesos electorais con este programa electoral, e nas últimas eleccións ao Parlamento de Galicia o partido obtivo 17.141 votos e converteuse na sexta forza política en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

2 O Príncipe das Mouras

Escusa pobre e ruim para sair nos papéis sem pagar um peso. Escaños em Blanco não rejeita a política profissional, é uma plataforma para manifestar o descontentamento da população que acha que os políticos profissionais não "captam" a indiretas. De facto, do próprio manifesto de Escaños en Blanco (que liga O Varal em #1) já se vê que não questionam de jeito nenhum a política profissional. O dito: comentário oportunista e pretendendo sair nos meios sem ter feito nada relevante.

1 O Varal

Pois não vo-lo sei: o Partido da Terra rejeita a política como atividade profissional e Escanos en Branco pretende que o descontento da população possa ver-se refletido no parlamento através da contabilização dos votos brancos e a sua tradução a escanos baleiros. Quer dizer: os primeiros propõem a desaparição da política profisional e os segundos a tradução do descontento político dos cidadãos mediante escanos vazios..

1 O Varal

Talvez ande engando mas eu não vejo aqui qualquer desprofissionalização obrigatória da política: http://escanos.org/sobre-escanos-en...