Ferida leve unha muller ao caer nas vías do tren co coche en Narón

O vehículo envorcou a uns catro metros dos viais, polo que a circulación non tivo que ser cortada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Unha muller sufriu feridas de carácter leve este sábado tras caer ás vías do tren co seu vehículo despois de saírse da estrada en Narón. Segundo información do 112 Galicia, ocorreu sobre as 13,00 do mediodía. A esa hora, unha persoa particular chamaba á central de emerxencias para informar dun coche accidentado na vía do tren.

Case ao mesmo tempo, outro particular, que se identificaba como o marido da muller ferida, solicitaba axuda ao 112 porque a súa esposa lle dixo que tivera un accidente na estrada que une Neda e San Sadurniño (CV-740) e que se atopaba moi nerviosa

Seguidamente, os xestores de emerxencias pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Eume, aos axentes de Tráfico, á Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade, así como aos operarios de ADIF.

Unha vez no lugar, os bombeiros comunicaron que o coche estaba envorcado sobre un lateral, a uns catro metros aproximadamente da vía, polo que non interrompía a circulación ferroviaria. No entanto, indicaron que o coche golpeara un poste de iluminación municipal que resultou danado.

Iso si, estes mesmos efectivos confirmaron que a muller e única ocupante atopábase fóra do vehículo e con algunha molestia no seu corpo.

Tren .. ADIF
Tren .. ADIF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta