Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 21:21
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, trasladou ao presidente do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Agustín Hernández, as propostas da patronal para mellorar a cogobernanza.
Nunha reunión mantida en Santiago de Compostela e da que informou a CEG nun comunicado, o presidente dos empresarios galegos trasladou esta proposta orientadas a mellorar a cogobernanza e, no que respecta á confección dos seus informes de forma xeral.
Ademais, tamén abordou co presidente do CES o referido á Memoria Socioeconómica de Galicia, "dada a importancia das consideracións que nela se recollen" e ao considerar que "debe ser un instrumento de alcance, útil e representativo do sentir das organizacións integrantes".
O CES-Galicia é un órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica no que a CEG sinala que participa de forma activa para a elaboración dos seus ditames, memorias e informes, así como tamén nas súas actividades de difusión.
"Este órgano consultivo é patrimonio de todas as organizacións que o integran e a Confederación de Empresarios de Galicia seguirá colaborando con el co mesmo espírito construtivo co que o veu facendo ata a data", destaca a patronal galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.