O Obra, a ritmo do 'Pousa pousa'

Xogadores e corpo técnico gravan un vídeo da popular canción da Roda dentro da campaña do club para tentar conseguir máis socios.

Por gcdeportes | Compostela | 24/12/2013 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Arrinca o capi Oriol: “Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire”. Segue o rapeiro Muscala: “É como cousa de encantamento, fun polo aire e vin polo vento”. E remata o coro do Obradoiro: “E pousa, pousa, pousa, e non me toques naquela cousa; e pousa, pousa axiña, e non me toques naquela cousiña”.

O equipo do Obra ao completo
O equipo do Obra ao completo

A Roda fíxo famoso o Pousa pousa e agora o Obra fai unha versión libre. Todo para axudar o club a aumentar os seus socios. Moncho Fernández, o resto do corpo técnico e todos os xogadores do plantel participan nun vídeo ao son de gaita e pandeireta para promocionar a campaña Somos parte de ti, sé parte de nós, que busca aumentar o número de abonados nestas festas de Nadal con tanto agasallo. Despois do canto, os xogadores bótanse a bailar. Non se perdan o meneo de cadeira do xamaicano Durand Scott: youtu.be/y2Qdge9ZgM4.

Nunha economía de guerra como é a do Obradoiro CAB (2,1 millóns de orzamento na tempada 2013/14), os ingresos polas cotas dos socios representan case un 30% dos ingresos (650.000 euros). O club compostelán non chega esta tempada aos 4.000 socios, lonxe das súas mellores cifras e lonxe do soño dos seus dirixentes dos 5.000 abonados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta