Por X.M. Fernández | Sober | 27/07/2021 | Actualizada ás 09:25
O 30 de xullo a Praza do Toural de Sober acollerá xa un concerto de Galifunk e o 6 de agosto actuará Xoán Curiel na Praza do Pulpo. Os dous concertos están programados para as 22:00 horas.
Para poñer en valor o patrimonio soberino tamén se programou o día 7 de agosto o acto de presentación do material arqueolóxico da escavación de Proendos. Este acto terá lugar ás 12:00 horas na Oficina de Turismo.
Nesta mesma xornada do 7 de agosto haberá un espectáculo de monicreques nas piscinas municipais, no marco do programa Falaredes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Será ás 19:00 h.
FEIRA MOSTRA DE VIÑO E CONCERTOS
Os días 11 e 12 de agosto celebrarase a Feira Mostra do Viño Amandi, unha opción alternativa que programou o Concello de Sober para manter vivo o maior evento de exaltación dos caldos desta subzona da D.O. Ribeira Sacra. Entre as actuacións confirmadas para acompañar a mostra, salientar a da Banda de Música de Sober e tamén a monfortina Xograres de Lemos.
No apartado de concertos, o 18 de agosto haberá actuarán os Gin Toni’s na Praza do Toural (22:00 horas) e o día 29 celebrarase a “Noita á Luz da Lúa” na Parroquia de Proendos, organizada pola asociación cultural local Colado do Vento. Esta velada contará coa actuación de Xabier Vizcaíno e Hérbedo.
A Praza do Toural acollerá dous interesantes concertos, o día 21 de agosto actuará a Banda de Música de Muimenta ás 20:00 h. e o 28 de agosto a Banda de Música de Sober dentro da actividade coñecida como ‘Baile á luz da lúa’ (22:00 horas).
Xa en setembro, concretamente o día 17, gran concerto de Luar na Lubre. Será na Praza do Concello ás 22:30 horas.
FESTAS DO CARME
O 18 e 19 de setembro celebraranse as Festas do Carme nas que haberá actividades principalmente para o público familiar e unha actuación da orquestra Os Satélites.
Na presentación deste amplo programa, o Concello de Sober detallou que habilitará cadeiras para poder seguir as actuacións sentados e as zonas estarán delimitadas e haberá control de aforo garantindo que se cumpran as distancias de seguridade e todas as medidas sanitarias en vigor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.