Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso entran en nivel máximo e as sete cidades estarán no alto

O conselleiro de Sanidade adminite que a situación "é mala".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Galicia eleva a 12 concellos a nivel máximo de restricións debido á situación epidemiolóxica pola Covid-19, tras a entrada de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso. Ademais, as sete grandes cidades da Comunidade atópanse xa en nivel alto, ao sumarse A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo, ás de Pontevedra, Vigo e Ourense.

Unha mesa dunha terraza sen posibilidade de sentarse
Unha mesa dunha terraza sen posibilidade de sentarse | Fonte: Europa Press.

Así o anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para informar as decisións da reunión do comité clínico deste pasado martes, na que incidiu en que 12 municipios estarán desde este sábado en nivel máximo e 48 no alto, 52 municipios en nivel medio e 202 en nivel medio-baixo.

O conselleiro de Sanidade xustificou estas medidas pola situación epidemiolóxica "mala" á que se enfronta a Comunidade. "A incidencia acumulada a 14 días está a subir en toda España, tamén en Galicia, e os contaxios concéntranse no rango de entre 12 e 29 anos, de gran interacción social e que están aínda sen vacinar", explicou Comesaña.

O conselleiro sinalou que a "maior preocupación" do Goberno galego é a presión asistencial, polo que as novas decisións tomadas polo Comité Clínico ampáranse en novos medidores, as denominadas 'taxas axustadas'. Estes novos parámetros teñen en conta, non só a incidencia acumulada e novos casos respecto dunha poboación, senón que tamén "incorporan aos pacientes hospitalizados e en críticos".

Comesaña insistiu a este respecto en que "os hospitais galegos están a traballar normalmente, sobre todo en canto ao ámbito cirúrxico" a pesar da situación extraordinaria. "Estamos lonxe de valores preocupantes e nun dos mellores lugares de España respecto de ocupación, pero non debemos conformarnos", apuntou.

"Preocúpanos a situación e a evolución dos datos. En calquera momento poderiamos pasar o límite da carga asistencial e, de ser así, habería que pasar a unha seguinte fase no plan de continxencia", advertiu o conselleiro, que fixo fincapé no papel do novos respecto ao alivio da carga hospitalaria.

"Agora mesmo temos pacientes na UCI de 29, 30, 37 e 40 anos, dos que unha ampla maioría non están vacinados, o que nos leva a tomar medidas axustadas ás circunstancias dos máis novos", indicou.

CONCELLOS EN NIVEL MÁXIMO

En nivel máximo de restricións desde este sábado estarán a localidade Boiro e Muros, na Coruña; Cambados, Meaño, O Grove, Sanxenxo e Baiona en Pontevedra; Foz, Viveiro, Burela e Monterroso, en Lugo; e O Barco, en Ourense.

Estas localidades, con lecer nocturno pechado, esixirán certificados covid-19 para acceder ao interior de locais de hostalaría, cuxo aforamento estará limitado ao 30% e ao 50% en exteriores --de acceso libre--. As reunións estarán prohibidas entre non conviventes entre as 1,00 horas e as 6,00 horas da madrugada; mentres que durante o resto de día, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior.

Pola súa banda, en nivel alto inclúense 48 localidades, Carballo, Arteixo, Fisterra, Oleiros, Arzúa, Cariño, Melide, Ribeira, A Coruña, Cambre, Culleredo, Ames, Santiago de Compostela, Ferrol, As Pontes, Ortigueira e A Pobra, na Coruña; e Cervo, Ribadeo, Monforte, Lugo, Chantada; en Lugo.

Da provincia pontevedresa, A Illa, Marín, Poio, Soutomaior, Pontevedra, Vilagarcía, Vilanova, Gondomar, Vigo, Bueu, Ponte Caldelas, A Garda, Bueu, Meis, Moaña, Mos, O Porriño, Redondela, Nigrán, Tomiño, Ribadumia e Soutomaior; mentres que de Ourense, atópanse en nivel alto Avión, O Rosal, Barbadas, O Carballiño, Ourense e Verín.

Os municipios en nivel alto tamén pechan os seus locais de lecer nocturno e esixirán certificado covid-19 para acceder ao interior de locais de hostalaría, cuxo aforamento estará limitado ao 50%, igual que os exteriores --de acceso libre--. As reunións estarán prohibidas entre non conviventes entre as 1,00 horas e as 6,00 horas da madrugada; mentres que durante o resto de día, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior.

NIVEL MEDIO

En concreto, en nivel medio inclúense 52 municipios: Monterrei, Riós, Beariz, Boborás, Vilarmartín, A Pobra de Trives, A Rúa, Coles, A Lama, Maceda, Pereiro de Aguiar, A Cañiza e Celanova; na provincia de Ourense; así como Rábade, O Valadouro, Barreiros, San Cibrao, Vilalba, Sarria e Mondoñedo, en Lugo.

Na provincia coruñesa inclúense os concellos de Toques, Corcubión, Curtis, Rianxo, Pontedeume, Oroso, Silleda, Teo, Bergondo, Cee, Coristanco, Brión, Carnota, Outes, Cedeira, Narón, Valdoviño, As neves, Vilaboa, Padrón e Vimianzo. E na provincia de Pontevedra están neste nivel Noia, Barro, Pontecesures, Tui, Caldas de Reis, Arbo, Cangas e Ponteareas.

Os veciños de concellos de nivel medio disporán de locais de hostalaría, sen necesidade de certificados covid-19, ao 50% da súa capacidade --tanto en interior como en terrazas--. Onde si necesitarán certificados é para o lecer nocturno, que abre ata as 3,00 horas. Ademais, as reunións de non convivientes entre as 3,00 horas e as 6,00 horas da madrugada están prohibidas, mentres que durante o resto de horas, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior.

No nivel medio-baixo, os concellos contarán coa hostalaría cun 100% de aforamento en terrazas e 50% en interior, sen necesidade de certificados COVID; mentres que o lecer nocturno abre ata as 3,00 horas, coa obrigatoriedade de presentar certificados. As reunións de non convivientes entre as 3 e as 6 da madrugada están prohibidas, e para o resto de horas, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta