Os eurodeputados demandan unha multa contra España polas verteduras da Mina de San Finx

Os vertidos lévanse denunciando ante as institucións europeas desde o 2016, sen que se adoptase ata o momento ningunha medida.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Logo dunha ducia de preguntas parlamentarias e varias queixas e peticións en Bruxelas, 9 eurodeputados lanzaron, a proposta de Ecoloxistas en Acción, unha interpelación maior á Comisión Europea para que inicie un procedemento de infracción contra España polas verteduras procedentes da mina de San Finx.

Mina San Finx
Mina San Finx | Fonte: remitida

As verteduras desta mina de estaño e volframio véñense denunciando repetidamente ante as institucións europeas desde o 2016, ao mesmo tempo que en España se levaban a cabo accións xudiciais e administrativas, sen que ata o momento se adoptase ningunha medida por parte das autoridades responsables.

A mina atópase a só 7 kilómetros do espazo da Rede Natura 2000 "Esteiro do Tambre" e dos bancos de marisqueo da ría de Noia, o que motivou esta acción extraordinaria a nivel europeo.

O "NEGACIONISMO" DA XUNTA DE GALICIA

Ecoloxistas en Acción denuncia que o goberno galego "lonxe de atallar o problema, optou por negalo, impedindo unha solución. Indican que desde a Xunta en vez de paralizar a actividade mineira para que a mina sexa sometida a unha avaliación ambiental, "decidiu acelerar o proceso para que a mina poida retomar a actividade en cuestión de meses".

Ecoloxistas pon de manifesto que, desta maneira, a Xunta o que está facendo é "dar luz verde a unha autorización de verteduras que se leva tramitando con numerosas irregularidades desde o 2016". Tamén indican que se pretende librar á concesionaria mineira das súas responsabilidades.

INVESTIGACIÓN PARALELA DA OFICINA EUROPEA CONTRA A FRAUDE

Ademais de o Parlamento Europeo, a Oficina Europea contra a Fraude (OLAF) tamén abriu un caso sobre a actuación da Comisión Europea en relación a esta explotación mineira. A OLAF está determinando se a finaciación europea para facer ensaios na mina implicou intensificar as verteduras ilegais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta