Malestar no BNG co presidente da AGAI

Hai un profundo malestar na dirección do BNG pola campaña do presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) e militante nacionalista, Pedro Gómez-Valadés...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/03/2007 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

Non gustou, especialmente, o envío de sendas cartas ao voceiro nacional, Anxo Quintana, e ao candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Santi Domínguez Olveira, nin tampouco a difusión deste asunto entre os medios e as institucións israelís. Pero o que máis molestou no BNG é a implicación directa do Goberno israelí, quen a través do seu embaixador criticou as medidas "antidemocráticas" que lle pretenden aplicar ao presidente da AGAI polo seu apoio ao pobo xudeu. 

Dirixentes consultados por este medio aseguraron que o presidente da AGAI non será expulsado do BNG e puntualizan que o único que decidirá a Asamblea Comarcal de Vigo é sustituilo da dirección da Comisión de Cultura deste organismo. Non opinan o mesmo dende o entorno de Gómez-Valadés, que din que está sufrindo un "auténtico linchamento político".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

24 O moinante

Jesús e Catrilhim contestárom aginha, prova do que afirmo, o seu trabalho é espiar os foros onde poda existir ideias contrarias aos intereses da N.A.T.O da qual formamos parte, e dos U.S.A., pois agora os seus agentes podem por lei -asinada polo governo do PSOE- o que lhes pete em territorio do Estato espanhol

23 anxo

onde di garo quere dicir gato, o mau ou miau (outro que non argumenta nada, so ocupa espacio nos foros e tenta descalificar)

22 anxo

¿alguén (incluso o garo e o do touro) non está de acordo de que tanto palestinos como israelitas teñen mais que ver entre eles que con nos? Están a defender a sua terra, a sua relixión, a sua economía.., e ambalasduas partes no ámbito bélico ¿Cal e a diferencia? O BNGA só toma partida en contra de Israel polos seus acordos con EEUU, simplemente non e a típica actitude pronada e antitodo.

21 Jesús

O moinante debe pensar que la Guardia Civil no tiene otra cosa que hacer que anotar a los que defienden en este foro a los terroristas palestinos o a los que defienden a Israel frente a los que quieren echarlos al mar. La policía política, aun no ha reaparecido en nuestro país si bien ya ha habido algún intento o comportamiento similar, a modo de sondeo, que demuestra que algunos partidos la echan de menos. Siempre que sea a su favor, claro.

20 Xosé Castro

Moinante, estás aquí? Algúns dicían que andabas por Cuba "jineteando"... Iso si, todo pola revolución.