Malestar no BNG co presidente da AGAI

Hai un profundo malestar na dirección do BNG pola campaña do presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) e militante nacionalista, Pedro Gómez-Valadés...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/03/2007 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

Non gustou, especialmente, o envío de sendas cartas ao voceiro nacional, Anxo Quintana, e ao candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Santi Domínguez Olveira, nin tampouco a difusión deste asunto entre os medios e as institucións israelís. Pero o que máis molestou no BNG é a implicación directa do Goberno israelí, quen a través do seu embaixador criticou as medidas "antidemocráticas" que lle pretenden aplicar ao presidente da AGAI polo seu apoio ao pobo xudeu. 

Dirixentes consultados por este medio aseguraron que o presidente da AGAI non será expulsado do BNG e puntualizan que o único que decidirá a Asamblea Comarcal de Vigo é sustituilo da dirección da Comisión de Cultura deste organismo. Non opinan o mesmo dende o entorno de Gómez-Valadés, que din que está sufrindo un "auténtico linchamento político".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

14 Lugués

Algún pensa que as direccións dos partidos están para "parar" cousas. Hainas, pola contra, que como mínimo permiten que os procesos se desenvolvan; é cousa de carácter, partidario, claro.

Espero que a estas horas a asemblea xa rematase e Valadés siga no BNG. Paréceme lóxico esperalo.

13 desde el jergón

Estimado pedro madruga, vaya usted a la página de la asociación, entre en el link "en defensa de isral" que le llevará a "o triunfo dos porcos"...bien, cada uno es libre de tener los amigos y colocar los links que quiera, sea. Pero si el responsable de cultura del BNG de Vigo tiene esos links y a ud. le parece bien, pues yo le doy las buenas tardes y le digo que tiene distintas varas de medir (como todos, si), pero ocurre que muy muy diferentes como para que ud. acabe con ese -tan español, by the way- "a por eles". Pues oé. Saludos. Y que viva el Derecho Internacional para todos, Galicia y Palestina incluidas.

12 lagaitaenlacabeza

Hombre, algo tendrá que ver la dirección del BNG por permitir esto, y no pararlo a tiempo. Me sorprende el prejuicio con Israel. Los arabes que viven en Israel son los que viven con más libertad de todo Oriente Proximo.

11 Pedro Madruga

De non querer expulsalo para que se lle dilapidou nas asembleias locais e comarcais, chamandolle cando menos asasino. Mais hoxe é a asembleia comarcal e mañán haberá novas. Xa dixen que de Kennedy para aquí sempre está a man negra de Esquerda Nacionalista. A por eles.
Un saudo,
Pedro Madruga

10 Xosé Castro

Serás del PP: Paletos Pijos...