Malestar no BNG co presidente da AGAI

Hai un profundo malestar na dirección do BNG pola campaña do presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) e militante nacionalista, Pedro Gómez-Valadés...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/03/2007 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

Non gustou, especialmente, o envío de sendas cartas ao voceiro nacional, Anxo Quintana, e ao candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Santi Domínguez Olveira, nin tampouco a difusión deste asunto entre os medios e as institucións israelís. Pero o que máis molestou no BNG é a implicación directa do Goberno israelí, quen a través do seu embaixador criticou as medidas "antidemocráticas" que lle pretenden aplicar ao presidente da AGAI polo seu apoio ao pobo xudeu. 

Dirixentes consultados por este medio aseguraron que o presidente da AGAI non será expulsado do BNG e puntualizan que o único que decidirá a Asamblea Comarcal de Vigo é sustituilo da dirección da Comisión de Cultura deste organismo. Non opinan o mesmo dende o entorno de Gómez-Valadés, que din que está sufrindo un "auténtico linchamento político".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

9 otouronatesta

Son do PP, e a moita honra.

8 jjuan

Otouronatesta é o mellor, que maneira de falar, que razonamentos, que tío!!!!

E ti de quen es??????senón son dos teus, xa non vale a súa opinión?

Forofos existen en todolos partidos e ti debes incluirte amigo.Por certo o BNG nunca se equivoca ou que?

7 RICARDO

Bó día a todas-os,comezar dándolle a razón a Alberte,e que acaso ¿ non nos estámos a enteirar do que está acontecer en PALESTINA ?,carallo...,e que a algún xa lle chega,ou é que xa comezóu a campaña de acoso e derribo ??,..ainda lémbrome hai unhos 10 anos aquela " campaña ",..feita dende as oficiñas de San Caetano(pola banda de ordenadores)e mandaban mensaxes,..entre outros iste que decía así," NO TE DEJES....BLOQUEAR ",pois iso mesmo,...algún seguirá a facer "campaña "porque lle debe " o favor " a Fraga,e outros que non...pero é normal,os grandes sempre abusaron diso,...Palestina vencerá,..unha aperta

6 otouronatesta

Alberte, mau-mau...deixadeos que se explaien, pois os únicos intereses que Lois, Anxo (ambos con posicionamentos ligados ao PsoE) e Jesús (deste elemento mellor non perder o tempo) é desacreditar ao BNG. Polos seus actos (escritos nesta web) os coñecederes...

5 Alberte

Trátase de "sustituilo da dirección da Comisión de Cultura deste organismo".

Simple e llanamente. Non hai nada de linchamento, expulsión, etc.

¿Cal é o problema pois? Pois varios: o afán de protagonismo do propio interesado, o afán de torpedea-lo BNG da xente de Esquerda Nacionalista, o afán de aproveitar calquer tonteria para por verde ó BNG que ten algúns medios (incluindo Galiciaconfidencial), etc.

¿Non informades de que os do PP van ás manifestacións tras bandeiras falanxistas, carlistas e rojigualdas con aguilucho? ¿Non informadaes sobre as declaracións de Rafael Vera sobre a guerra sucia?