A pandemia trunca a Festa do Marisco do Grove por segundo ano consecutivo

A situación sanitaria levou o Concello a tomar esta decisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2021 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O Concello do Grove decidiu suspender por segundo ano consecutivo a celebración da Festa do Marisco, prevista para o mes de outubro, por motivos sanitarios relacionados coa pandemia. O pasado mes de xuño, o goberno local do Grove anunciou o inicio dos traballos para organizar a festa, unhas tarefas que tiveron que dar marcha trás debido ao empeoramento da crise sanitaria.

"En abril e maio, tanto as noticias que nos chegaban como as previsións de cara aos seguintes meses eran optimistas e dábannos pé a preparar a festa", sinalou este venres o alcalde, José Cacabelos, que lamentou que a chegada da quinta onda truncase as previsións do seu goberno.

"Levamos desde xuño esperando boas noticias sanitarias pero non só non dan chegado senón que, no caso do Grove, empeoraron e hoxe somos o único concello de Galicia en nivel máximo", apuntou o rexedor. As restricións asociadas a ese nivel, recoñece o rexedor, fan que, a pouco máis dun mes do inicio da celebración, "sexa imposibles xestionar un evento como a Festa do Marisco".

Cacabelos indicou que celebrar coas actuais restricións a festa significaría ter que controlar accesos de entrada, non permitir colas nin na compra de tickets nin nos postos de produto, ademais de que todo o público tivese que estar sentado e ter servizo en mesa. E todo iso cun aforamento do 30%, o que, en palabras do primeiro edil do Grove, "fai totalmente inviable" celebrar a festa ao ser "totalmente incompatible" coas medidas sanitarias impostas desde as administracións.

CUSTO ECONÓMICO

O rexedor argumenta que, ademais, trátase dun evento gastronómico que necesita "dunha elevada afluencia de xente para soportar o ato custo que supón levala adiante". Cacabelos asegura que o concello "non pode permitirse o luxo" de adiantar os 300.000 euros de custos fixos que carrexa o inicio da organización da festa "e despois non poder recuperalos".

Prato de marisco
Prato de marisco | Fonte: Vigopeques

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta