Catro novos mortos elevan a 2.512 as vítimas da pandemia en Galicia

Estaban ingresados en Vigo, Verín e A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron de catro novos falecidos diagnosticados con Covid-19 e que elevan a 2.512 o total de vítimas da pandemia en Galicia. Todos eles contaban con patoloxías previas.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Un dos casos rexistrouse este mércores, en concreto un home de 63 anos de idade que estaba ingresado en Povisa, en Vigo.

Así mesmo, este xoves faleceron unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario da Coruña e un home de 81 anos no Hospital Comarcal de Verín.

Finalmente, este venres rexistrouse á morte dunha muller de 80 anos de idade e que estaba ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta