Unha saída de vía causa tres feridos en Castro de Rei

Ademais, un home tivo que ser trasladado a un centro hospitalario a pasada noite despois de caer do tractor que manexaba na Baña, nunha leira situada no lugar de Troitosende, pasadas as 21,00 horas do venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas tras saírse da vía co coche no que circulaban no municipio de Castro de Rei. O accidente rexistrouse no lugar de Castro Ribeiras de Lea, ao fío das 08,00 horas e ata o punto desprazouse o 061, dado que os feridos necesitaban asistencia sanitaria. O 112 Galicia remitiu o aviso, á súa vez, á Garda Civil de Tráfico.

Por outra banda, en Bueu, outro tres persoas resultaron feridas ao chocar o seu coche contra un muro, en concreto na EP-1301 á altura do punto quilométrico 26, sobre as 5,00 horas desta madrugada.

Ademais, un home tivo que ser trasladado a un centro hospitalario a pasada noite despois de caer do tractor que manexaba na Baña, nunha leira situada no lugar de Troitosende, pasadas as 21,00 horas do venres.

Nada máis ter coñecemento do accidente a través dunha persoa particular, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061, dos Bombeiros de Santa Comba e dos axentes da Garda Civil.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta