Un incendio permanece activo en Rois mentres xa está controlado o lume de Vilar de Barrio

Segundo Medio Rural, o incendio de Rois supera as vinte hectáreas segundo as primeiras estimacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2021 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Un incendio mantense activo no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño, que, segundo as primeiras estimacións, supera as 20 hectáreas, segundo informa a Consellería de Medio Rural sobre a situación dos incendios forestais, con datos recolleitos ata as 19,00 horas.

Mentres, está controlado o lume do municipio ourensán de Vilar de Barrio, na parroquia de Prado, que, segundo as últimas estimacións, afecta a unhas 27 hectáreas, principalmente arboredo.

No caso de Rois, ata o momento mobilizáronse para a súa extinción dous técnicos, seis axentes, 13 brigadas, sete motobombas, dúas pas, nove avións e seis helicópteros.

En canto ao de Vilar de Barrio, deuse por controlado desde as 18,46 horas desta tarde un lume que se iniciou ás 22,35 horas do domingo. No seu control, participaron ata o momento seis axentes, 24 brigadas, oito motobombas, dúas pas e tres helicópteros. Este lume obrigou a cortar a vía férrea Zamora-Ourense, á altura do quilómetro 195, aínda que a circulación dos trens quedou restablecida esta mañá.

Unha brigada de loita contra incendios forestais loita contra un lume
Unha brigada de loita contra incendios forestais loita contra un lume | Fonte: MITECO - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta