Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/01/2014 | Actualizada ás 10:00
A Central Unitaria de Traballadores (CUT) xa ten unha nova Sección Sindical e, ademais, nunha das empresas máis importantes de Galicia; a empresa Citroën.
Foi este venres cando se presentou ante a OPR (Oficina Publica de Rexistro) da Xunta de Galicia, unha comunicación escrita da renovación da constitución desta sección sindical. Tamén xa foi rexistrado a súa constitución perante a Empresa e o Comité de Empresa.
Como responsables da mesma figuran como Secretario Xeral Vitor Manuel Mariño Fernandez, anterior membro da Executiva Comarcal da CIG en Vigo así como da Sección Sindical neste centro de traballo, expulsado da CIG por diferenzas coa cupula da dirección do sindicato. E como Delegado Sindical está Eladio Bastos Covelo, un ex-membro do Comite de Empresa, Executiva, e Consello da Sección Sindical na CIG en PSA.
Os novos membros que forman parte da nova Sección Sindical da C.U.T son ex-membros do sector critico da C.I.G, así como un terzo dos membros do Consello da Sección Sindical da C.I.G en PSA neste centro de traballo, xunto cos delegados que tamén tiñan un expediente aberto e revogados polo sindicato do seu cargo. "Tamén están membros do sector critico en Citroën, que unha vez tiveron constancia da expulsión de Vitor Mariño decidiron xunto con mais afiliados/as darse de baixa en bloque na C.I.G", suliña esta sección sindical da CUT nun comunicado.
"Xunto cos estes compañeiros deronse de baixa desta organización distintos delegados/as de diferentes empresas, asi como afiliados/as, polo que consideran unha persecución ideoloxica sindical, donde prevalecen criterios de afinidade politica fronte os que non queren un sindicato politizado e correa de transmisión de ningun partido politico", denuncia.
A nova formación sindical neste centro de traballo, que celebrara eleccións sindicais este ano, aspira a presentar unha candidatura ao Comite de Empresa. "Será plural, participativa e combativa ante os retrocesos e perdidas de dereitos que se estan dando no sector do automobil", apunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.