As hipotecas sobre vivendas crecen un 18,38% en xuño en Galicia, menos da metade que a media

Caen un 20,7% respecto de maio, e o capital prestado sobe un 21,5% interanual e baixa un 17,2% mensual

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/08/2021 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

As hipotecas constituídas sobre vivendas creceron un 18,8% en xuño en Galicia respecto ao mesmo mes de 2020, ata sumar 971, un 20,7% menos que en maio, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En canto ao capital prestado por estas 971 operacións, ascendeu a 103,92 millóns, o que supón un incremento do 21,5% en taxa interanual pero un descenso do 17,2% mensual.

Sobre o total de leiras, a comunidade galega rexistrou 1.358 hipotecas, por uns 129,82 millóns. Foron 51 correspondentes a leiras rústicas (por case 6,2 millóns) e 1.307 sobre urbanas (por 123,62 millóns).

Estas últimas repartíronse entre as 971 hipotecas constituídas sobre vivendas por 103,92 millóns, 12 sobre solares (por 2,24 millóns) e 324 sobre outro tipo de leiras urbanas (por 17,45 millóns). Pola súa banda, canceláronse 1.643 hipotecas en Galicia en xuño, delas 83 correspondentes a leiras rústicas, 1.072 sobre vivendas, 27 solares e 461 sobre outras urbanas.

En canto aos cambios rexistrais, a comunidade contabilizou 807, dos que 763 foron por novación, sete por subrogación do debedor e 37 por subrogación do acredor. Por natureza da leira, 50 eran rústicas e 757 urbanas (delas 540 vivendas). Un mes máis, en todos os apartados, os bancos foron a entidade preferida para formalizar as hipotecas e tamén a máis afectada por cancelacións, fronte a outras institucións financeiras.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o número de hipotecas constituídas sobre vivendas disparouse un 41,2% en xuño respecto ao mesmo mes de 2020, ata sumar 37.961 préstamos. Co avance de xuño, a firma de hipotecas sobre vivendas encadea catro meses de ascensos interanuais tras o repunte do 35,1% experimentado en marzo.

Evolución das hipotecas sobre vivendas en Galicia. EPDATA
Evolución das hipotecas sobre vivendas en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta