Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/09/2021 | Actualizada ás 18:32
O BNG e os nacionalistas corsos estreitan lazos estes días nun encontro que ten lugar na cidade de Bastia, onde se atopa a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda.
Alí, a represenante do Bloque nas institucións europeas mantén reunións con representantes corsos no marco dunhas xornadas de traballo organizadas pola Alianza Libre Europea en Córsega.
Miranda felicitou aos nacionalistas de Femu à Corsica pola súa vitoria por maioría absoluta nas eleccións rexionais do pasado mes de xuño, onde obtiveron case o 60% dos votos.
Ademais, convidou ao presidente corso, Gilles Simeoni, a visitar Galicia para reforzar "os lazos das nacións europeas sen Estado" e as "loitas comúns" de ambos os pobos, segundo recolle un comunicado.
"En Córsega, as e os nacionalistas xa son goberno, e nós co BNG en Galicia serémolo en 2024", sentenciou Miranda tras reunirse con mandatarios do soberanismo corso.
A representante do Bloque en Europea incidiu na "loita comúns" que manteñen o nacionalismo galego e o corso, entre as que destacou a defensa da autodeterminación e os dereitos lingüísticos ou o compromiso coa conservación do medio ambiente e a "xustiza social".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.