Galicia demanda ao Estado que a Xunta estea representada na comisión polo 50 aniversario da morte de Picasso

BNG e PSdeG apoian no Parlemento galego a iniciativa do PPdeG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/09/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou este mércores unha proposta para demandar ao Goberno central que a Xunta estea representada na comisión nacional para a conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso.

Imaxe de Picasso pintando o Guernica exhibida nunha exposición que chega a Pontevedra.. FUNDACIÓN A CAIXA - Arquivo
Imaxe de Picasso pintando o Guernica exhibida nunha exposición que chega a Pontevedra.. FUNDACIÓN A CAIXA - Arquivo

A iniciativa, formulada polo PP, logrou a unanimidade de todos os grupos parlamentarios, e que acordaron ademais instar o Goberno galego a organizar unha programación adecuada con motivo desta efeméride en colaboración con entidades públicas e privadas.

O deputado José Luís Ferro lembrou que Galicia é o lugar no que o artista "desenvolveu por primeira vez as súas aptitudes para á pintura" e onde mostrou os seus primeiros traballos, no ano 1895. "Parécenos adecuado que o Goberno de España coordine esa efeméride, pero tamén consideramos imprescindible que a Xunta poida estar representada nesa comisión", incidiu, en alusión a este órgano creado polo Executivo central o pasado ano para abordar esta conmemoración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta