Comezan as IV Xornadas de Novela Histórica en Verín

Na mañá deste venres 1 de outubro os protagonistas foron os centros escolares, nunha sesión especial para eles, pero a inauguración oficial será pola tarde, ás 19:00 h. no Auditorio Municipal.

Por X.M. Fernández | Verín | 01/10/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Arrincan as IV Xornadas de Novela Histórica de Verín organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Verín no Auditorio Municipal de Verín. Na xornada de mañá deste 1 de outubro foron protagonistas máis dun cento de alumnos e alumnas dos centros de ensino que escoitaron atentos a Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luis Corral no Seminario “Mujeres en la historia y como escribir novela histórica”.

Aspecto do Auditorio Municipal. Foto: Prensa de Verín
Aspecto do Auditorio Municipal. Foto: Prensa de Verín

Xa pola tarde, ás 19:00 horas, terá lugar a inauguración oficial da IV edición das “Xornadas de Novela Historica” de Verín. A presentación das xornadas correrá a cargo de Manuel Mandianes, Doutor en antropoloxía, teoloxía, ciencias politicas, científico titular do CSIC e director do Instituto de Estudos Sociais en Barcelona e de Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.

O principal obxectivo destas xornadas é realizar un achegamento a aspectos moito menos coñecidos das autoras deste xénero e as temáticas históricas que as inspiran. Para isto, as xornadas contarán coa participación de reputados/as poñentes da máxima solvencia, con obras que avalan as súas teses, moi respectadas no seu campo.

Sesión matinal para centros escolares. Foto: Prensa de Verín
Sesión matinal para centros escolares. Foto: Prensa de Verín
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta