Compostela recupera o 'Santiago(é)Tapas' logo dun ano en barbeito polas restricións da covid

O obxectivo pasa por reactivar o sector nunha época de tempada baixa e recuperar a "ilusión" e o sentimento de normalidade tras a crise sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O certame 'Santiago(é)Tapas' regresa este ano en novembro tras o parón da pandemia, co obxectivo de reactivar o sector nunha época de tempada baixa e recuperar a "ilusión" e o sentimento de normalidade tras a crise sanitaria. O edil de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, anunciaron este martes a XIII edición do concurso gastronómico, que este ano se celebrará entre o 11 e o 28 de novembro.

A iniciativa, creada en 2008, naceu co fin de dotar á cidade dunha ferramenta para dinamizar o sector da restauración e a hostalaría a unha altura do ano na que xa se rexistra unha redución da afluencia de visitantes. Guinarte destacou, ademais, que esta edición adquire un matiz diferente a outros anos, dado que busca "en certa maneira ofrecer "un sinal de normalización importante" á sociedade "despois deste larguísimo período de incerteza" e do "esforzo destacable e digno de recoñecemento" realizado polo sector "nun momento complexo e complicado".

O concurso contará coas modalidades de 'tapa tradicional' e 'tapa creativa', que oscilarán entre os 1,5 e os 3,5 euros. Ao mesmo tempo recupérase 'Santiago(é)Cóctel', que contará coas categorías 'sen alcol' e 'con alcol', a un custo de cinco e seis euros, respectivamente. As tapas deberán incluír na súa elaboración algún produto pertencente a denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia, e os cócteles algún produto galego.

GALARDÓNS

Os premios se orogarán mediante voto ponderado de xurado profesional e do público cun primeiro e segundo galardón a tapa creativa e tradicional (de 1.000 e 500 euros); e o 'Maridaxe Cervexas Alhambra', dotado de 500 euros en produtos. Tamén haberá premios do público, dotados de 700 euros cada un. Premiaranse aos dous mellores cócteles en ambas as modalidades (500 euros cada un) e haberá dous galardóns especiais a aqueles que utilicen 'Royal Bliss' nos seus combinados (600 euros cada un).

Presentación do XIII certame 'Santiago(é)Tapas'. SANTIAGO
Presentación do XIII certame 'Santiago(é)Tapas'. SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta