O Supremo confirma as penas a cinco galegos que tentaron introducir cocaína oculta en colectores de peixe

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/10/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo confirmou as penas de prisión interpostas pola Audiencia Provincial de Lugo a cinco galegos que en 2010 tentaron introducir en Galicia desde Ecuador media tonelada de cocaína, taxada en 17,8 millóns de euros, oculta en colectores entre peixe conxelado.

Cocaína.
Cocaína.

En concreto, a Audiencia Provincial de Lugo condenara a 9 anos de prisión a catro deles (R.A.D, B.S.A, S.C.P., e R.C.F.) e a 11 anos de prisión a un quinto, R.G.A., por un delito de tráfico de drogas coa atenuante de dilacións indebidas en todos eles e coa agravante de reincidencia no caso deste último.

Por outra banda, o Supremo estimou parcialmente o recurso de casación interposto por un dos acusados, R.C.F., e desestimou os presentadas polo resto de implicados.

Así, deixou sen efecto a multa de 70 millóns de euros interposta pola Audiencia a cada un dos cinco implicados.

No seu lugar, o tribunal fixou aos condenados dúas penas de multa de 17.841.203, 53 euros (35.682.406 euros), tras estudar e ter en conta o valor taxado da droga intervida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta