As redes sociais, a nova ferramenta de promoción para o 62,5% das empresas galegas con internet

Baixan os empregados especializados en novas tecnoloxías pero mantense os índices de teletraballo de épocas de confinamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2021 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Un 62,5% das empresas galegas con conexión a internet usan medios sociais, segundo a 'Enquisa sobre o uso de TIC e do comercio electrónico nas empresas' que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, o 83,5% utiliza a firma dixital, a 77,1% internet e web e o 23,7% os servizos na nube. O dato é inferior no caso do big data (9,4%), do mesmo xeito que a intelixencia artificial (7,2%).

Das outras tecnoloxías estudadas, as máis utilizadas son o uso de ferramentas para xestionar a información dentro da empresa (ERP = Enterprise Resource Planning), o 52,3% no caso de Galicia, e as que xestionan a información de clientes (CRM = Customer Relationship Management), o 38%.

Teletraballo
Teletraballo | Fonte: QPNC

EMPRESAS ESPAÑOLAS

As empresas españolas obtiveron 275.398 millóns de euros en vendas a través do comercio electrónico en 2020, 10,4% menos que en 2019, o primeiro descenso desde 2014. As empresas españolas tamén fixeron compras en liña por 222.101 millóns de euros, o que supón un descenso do 14%, segundo esta enquisa referida ao ano 2020.

No entanto e pese ao confinamento, as vendas en liña supuxeron o 19,1% do total, aínda que tamén descenderon 0,2 puntos porcentuais respecto de 2019.

USO DA TECNOLOXÍA

No apartado de uso do TIC referido ao primeiro trimestre de 2021, nas empresas de máis de dez traballadores, destaca a caída de empregados especializados neste tipo de tecnoloxías, que a marzo de 2021 era dous puntos inferior ao mesmo período de 2020 (16,4%).

Así mesmo, só o 5,7% das empresas contaban con mulleres especializadas nalgunha tecnoloxía da información, 0,2% puntos menos que no mesmo período do ano pasado. Ademais, estas eran só maioría no 1,2% das empresas enquisadas.

MANTENSE O TELETRABALLO

En canto ao teletraballo, a enquisa mostra unha correlación positiva entre o número de traballadores e o uso do teletraballo. Así, a metade das empresas de 10 ou máis empregados permiten teletraballar no primeiro trimestre de 2021.

Nesta liña, mentres que o teletraballo seguía levándose a cabo no 46% das empresas con entre 10 e 49 traballadores, nas de máis de 250 empregados, a adopción deste superaba o 85%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta