Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2021 | Actualizada ás 11:08
Máis de 50 persoas dos concellos de Culleredo, Cerceda e Carral veñen de participar no roteiro organizado pola Asociación "Salvemos o Val da Barcia e o Monte Xalo" no que non só informaron á veciñanza de onde irían situados os aeroxeradores que conformarán o P.E. As Encrobas; senón que fixeron unha visita ao patrimonio arqueolóxico da zona para pór en valor as mámoas e petróglifos existentes, así como varios mananciais que nacen na ladeira do Monte Xalo e que deitan o seu caudal no río Barcés.
Patrimonio natural e arqueolóxico que, sinalan dende a asociación, podería verse moi prexudicado polo complexo eólico proxectado e promovido pola Empresa Naturgy. Unha das propostas que saíu comentada no roteiro, destacan, foi a de solicitar que o Concello de Carral se fusione co Concello da Baña, Concello que en abril de 2021 se declarou libre de parques eólicos. Esta proposta foi "aclamada por unanimidade, entre a gran ledicia das asistentas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.