Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2014 | Actualizada ás 18:00
En 1972 estreouse o documental "Lejos de los árboles", de Jacinto Esteva, unha película que recolle distintas tracións do Estado relacionadas coa dor e coa morte.
Unha parte dese documental está rodado no Santuario do Corpiño, en Lalín, un dos lugares máis visitados de Galicia polos crentes católicos. As peregrinacións de crentes sucédense todo o ano, aínda que alcanzan o seu punto álxido na romaría celebrada entorno o 23-24 de xuño e que coincide, curiosamente, co solsticio de verán. Estas congregan a centos de romeiros que buscan un remedio para a súas doenzas, particularmente a xente afectadas de doenzas relacionadas co máis alá, como feitizos, meigallos, tolemias ou posesións demoníacas, quizais unha forma de denominar enfermidades mentais ou nerviosas pouco coñecidas.
De feito, o Corpiño é tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practican exorcismos para sacar o demo ou o meigallo fóra do corpo de fieis “posuídos”. Un rito onde se mesturan relixión e bruxería para tentar curar doenzas que a medicina tradicional supostamente non pode solucionar.
O documental de Esteva recolle imaxes destas prácticas con imaxes que poden ser as primeiras que se teñan e que datan de mediados dos anos 60.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.