“A arte do gravado de Picasso a Barceló”, exposición en colaboración do Concello de Verín, Abanca e Afundación

A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurouse o pasado 6 de outubro na Sala de Exposicións do Concello de Verín, onde se poderá visitar ata o 5 de novembro, de luns a venres en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Por X.M. Fernández | Verín | 21/10/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A mostra, composta por obras gráficas seleccionadas entre os fondos da Colección de Arte Afundación, permite coñecer mellor a obra dalgúns dos mestres da arte española do século  XX, entre os cales sobresaen tres grandes xenios internacionais da pintura e que o foron tamén da arte da estampa: Salvador Dalí, Pablo Picasso e Joan Miró.

Despois da Guerra Civil, a primeira manifestación do espírito renovador da arte xorde vinculada ás estampas editadas nas edicións de la Rosa Beira. Entre os artistas ligados á renovación destacan Joaquín Sunyer, Albert Ràfols Casamada, Guinovart ou José Caballero.

Na publicación Estampas de Cométaa aparecen os traballos dos grandes mestres Antonio Saura, Eduardo Chillida ou Hernández Pijuán. A esta actividade interior habería que sumar a de tres artistas que traballan no exilio: Antonio Rodríguez Luna, Antoni Cravei e Luís Seoane. Ademais, para valorar o panorama calcográfico do século XX, é imprescindible coñecer tamén o papel do grupo vangardista Dau ao Set, onde sobresae Tàpies.

CONVENIO DE COLABORACIÓN CULTURAL

O pasado 30 de setembro o Concello de Verín, ABANCA e Afundación asinaron un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a devandita exposición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta