Nieves Fernández, a poeta galega que prefire definirse como "criadora de ovellas"

O CCG homenaxea a esta escritoria, fotógrafa e artista plástica como parte dunha xornada sobre as mulleres do rural galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Nova homenaxe ás mulleres do rural galego, desta vez da banda do CCG. O Consello vén de anunciar unha xornada para apreciar o papel feminino no agro galego que cristalizará a través da poliédrica figura de Nieves Fernández Vidueira, á que o CCG detalle como escritora, fotógrafa, tallista da madeira, deseñadora e creadora de traxes, disfraces e máscaras de entroido pero que se define a si mesma como criadora de ovellas. 

Nieves Fernández Vidueira
Nieves Fernández Vidueira | Fonte: Twitter

A súa figura é será da xornada homenaxe que o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) lle fai este xoves, 21 de outubro. A cita pretende ser un espazo de reflexión arredor da diversidade das contribucións das mulleres do rural no mantemento dun espazo social, económico e natural. A presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez; a directora do CDIF, María Xosé Porteiro; máis as coordinadoras da xornada, Lucía Oca e Rosa Arcos,  inauguran esta cita presencial que tamén se pode seguir en directo por internet.

O CDIF dedica cada ano unha xornada a poñer en valor a vida e a biografía dunha muller representativa e destacada no ámbito galego. A escollida nesta ocasión é Nieves Fernández, unha muller activa e figura fundamental no mundo rural. Defínese a si mesma como criadora de ovellas de raza galega, pero como tantas outras mulleres do rural, a súa biografía está marcada dunha intensa actividade en diferentes ámbitos. Está vinculada a diferentes entidades activas na mellora do rural. Adherida á asociación ASOVEGA, ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e á entidade “Pastos e Forraxes”. É ademais socia fundadora da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira de Ovino e Caprino de Galicia (ADSG-Acivo), e participou activamente na Asociación de Criadores/as de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) e na Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta