Desactivan o centro de control de operativos en Galicia, en funcionamento desde marzo de 2020

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión na que o órgano encargado da coordinación dos operativos puxo o broche a ano e medio de funcionamento ininterrupido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

A Sala de Control de Operativos (Sacop), encargado de velar pola coordinación dos dispositivos articulados para velar polo cumprimento das medidas ditadas para o control da pandemia, quedou desactivado este martes, nunha reunión que serviu para agradecer o traballo realizado polas forzas da orde durante o último ano e medio.

Coa conclusión o pasado 21 de outubro da declaración da situación de emerxencia sanitaria e a desactivación do plan territorial de emerxencias a nivel galego, a sala de control quedou desactivada.

Este martes, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión na que o órgano encargado da coordinación dos operativos puxo o broche a ano e medio de funcionamento ininterrupido.

Alí, Villanueva agradeceu o traballo levado a cabo desde marzo do pasado ano polos corpos e forzas de seguridade, quen constituíron "un exemplo de colaboración e de coordinación coas administracións".

Este órgano, en quen delegou as súas funcións o Centro de coordinación operativa (Cecop), estaba formado por todas as policías locais de Galicia, Garda Civil, Policía Nacional, Autonómica, Fundación 061, bombeiros e Protección Civil. Nestes 20 meses, o Sacop celebrou máis de 60 reunións e trasladou información das medidas de control sanitario en máis de 90 ocasións.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, preside a última reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop). XUNTA
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, preside a última reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta