Por gcdeportes | Lleida | 28/02/2014 | Actualizada ás 23:45
Ficha técnica:
Vic 1: Carles Grau, Mia Ordeig, Titi Roca, Roger Rocasalbas, Cristian Rodríguez --cinco inicial-- Romà Bancells, Jordi Bartrès e Jordi Burgaya.
CP Cerceda 0: Willy Domínguez, Joan Manuel Grasas, José Ramon López, Martín Payero, David Torres --cinco inicial-- Gonzalo Pérez, Juan Fariza e Jacobo Mantiñán.
Goles: 1-0: Titi Roca (min 33).
Árbitros: Sandoval Santos e Sanz Rodríguez.
Incidencias: partido de cuartos de final da Copa do Rei no pavillón 11 de setembro de Lleida.
Martín Payero tivo o empate a 11 segundos do final, pero o seu lanzamento de falta directa petou no pau. Ao Vic chegoulle cun solitario gol de Titi Roca no minuto 33. O Cerceda, con sete xogadores que debutaban na Copa do Rei, espertou do soño de xogar a competición por primeira vez na súa historia. O partido estivo igualado ata o final, pero Willy Dominguez, o meta galego, foi o mellor do partido, evitando coas súas actuacións máis goles do rival.
O Vic tivo as primeiras ocasións: Mia Ordeig rematou ao pau un inocente penalti cometido por Martín Payero. Bartrés, en dúas contras consecutivas, tivo tamén opcións de marcar. Grau detivo un man a man a Martín Payero, pero Willy Domínguez evitou por dúas veces o gol de Ordeig e Rocasalbas tivo a última ocasión da primeira metade. 25 minutos iniciais moi intensos.
A segunda parte empezou algo máis contida, con menos ocasións. Foi entón cando Titi Roca cazou unha pelota na área galega e marcou o único gol do partido. Xa na seguinte xogada, Martín Payero tivo a primeira falta directa para empatar, pero Grau detivo con moita solvencia. O Cerceda viuse obrigado a irse arriba, e tivo ocasións, como unha de Fariza cun disparo cruzado. Rocasalbas errou para os cataláns a falta directa.
O Cerceda loitaba xa contra o crono. A falla de 18 segundos, Rocasalbas errou un penalti e no rexeite cometeu a 15ª falta do Vic. Martín Payero tivo de novo, a 11 segundos do final, a última ocasión: a pelota petou no longueiro. O Vic, a semifinais; o Cerceda, para casa. Os dous equipos galegos caeron eliminados en cuartos de final. As semifinais: Vendrell-Reus e Vic-Barcelona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.