A ponte de Todos os Santos deixa 129 feridos nas estradas de Galicia, a maioría deles homes

Rexistrouse o falecemento dunha persoa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 129 persoas debido a 92 accidentes de tráfico rexistrados durante a ponte de Todos os Santos na rede viaria galega, das que unha morreu.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do pasado venres 29 de outubro e as 23,59 horas do luns 1 de novembro 115 chamadas relacionadas con accidentes de circulación. O sábado foi a xornada na que se rexistraron máis accidentes, con 30.

Os recursos sanitarios mobilizadas polo 061 ascenderon a 112, deles 106 foron ambulancias, mentres que os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en seis accidentes.

En 107 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 21 ocasións recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do accidente. A proporción de homes atendida ascendeu ao 63 por cento e a de mulleres reduciuse ao 37%. En canto ás idades dos feridos, o 36% dos asistidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, a de Pontevedra, con 38 accidentes de tráfico, foi a que rexistrou máis sinistros durante a ponte de novembro; seguida da da Coruña, con 36; Ourense, con dez; e Lugo, con oito.

Accidente mortal dun camioneiro en Ribeira de Piquín (Lugo).. GARDA CIVIL
Accidente mortal dun camioneiro en Ribeira de Piquín (Lugo).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta