Lidia Senra, probábel candidata de ANOVA ás europeas

Xosé Manuel Beiras confirmou que a ex-líder do Sindicato Labrego Galego é a proposta da Coordinadora do partido para os comicios desta primavera.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/03/2014 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A galega Lidia Senra é a proposta da Coordinadora de ANOVA para ser cabeza de cartel nas eleccións europeas, segundo confirmou hoxe o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, tras as noticias aparecidas en varios medios. Agora, será a militancia quen votará a aceptación ou o rexeitamento desta candidatura mediante un método que aínda está por determinar. O voceiro nacional destacou que Senra non é parte da dirección de ANOVA e "representa a loita obreira".

Lidia Senra nunha imaxe do SLG
Lidia Senra nunha imaxe do SLG

Senrá ocupará con toda probabilidade o posto número cinco da candidatura que ANOVA compartirá canda Izquierda Unida e outras forzas como ICV ou a Chunta . Izquierda Unida escolleu a Willy Meyer para encabezar esta lista.

A activista é escollida por ANOVA, pero a súa selección obtivo luz verde tanto de IU como de Ecosocialistas, segundo informa El Correo. Nacida en Pobra do Brollón (Lugo) en 1958, Senra foi a cabeza visíbel do Sindicato Labrego Galego (SLG) durante case 20 anos, a central agraria máis importante no nacionalismo.

Con todo, a falta de entendemento do grupo liderado por Senra e a UPG dentro do SLG desenvocou na división da central e no nacemento da Federación Rural Galega (FRUGA).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

8 Próculo

7 Un de seu

E quen o ordenou? O comité central? A persoa candidata será elixida pola militancia! Agora vai ser que o asemblearismo morreu en Anova coas recentes demisións... Serán os que se dicían horizontais e críticos os verdugos da democracia participativa? A canta xentiña enganaron, meu Deus!

1 Rayleigh

Estás de coña, non? Pensas que o PCE vai esperar por vos? Ou quizais, toda Europa vai adiar as eleccións ata que teñades un candidato do gusto do, por ex., 60 % da militancia (o outro 40% encabr.narase e ameazaran coas penas do inferno)? Mellor, adiamos as eleccións...rapaces que xa estamos con marzo no calendario!! E as eleccións son en maio (A campaña, a primeiros). Que nos metemos en abril!! Vendo o nivel infantiloide da militancia de ANOVA, vexo moi normal que Beiras colla o touro polos cornos e tome medidas. E o que faría un pai cos seus nenos. Como se enteren os Monty Python sobre ANOVA montan unha bufonada descacharrante. E por riba poderán poñer o de "baseado en feitos reais"

2 Un de seu

Recoiro! Xa estamos en maio? Como pasa o tempo! E nós perdendo o tempo con debates, con votacións... Sabes que? Levas razón: fainos falta un "yo ordeno y mando". Iso da participación da militancia éche un invento do PP. Agora teño que deixarche, que lle teño que dar o biberón ás cativas. Oe, os Monty Phython eran eses que tiñan as empanadillas facendo a mili en Móstoles, non si?

6 reginodelapena

Lidia non podera defender,por exemplo,o leite galego si a sua defensa dana os intereses dos gandeiros,por exemplo,asturianos xa que outro parlamentario tera o mesmo interese en defender aos asturianos.Iso si,ela vailles contar,aos labregos,milongas de tuda clase,mais mentiralles.Non se pode servir a Deus a malo diaño.

1 undevijo

Claro home,e os de bildu en vez de defender o leite galego van defender os dereitos dos presos vascos.....non?

2 mrbv

E que presos queredes defender os de IU, a Blesa e os de bankia?

3 reginodelapena

Euscalerria non ten ningunha confrontacion no eido da produtividade con Galiza.Asturias,Andalucia,Castela Leon i outras si.Con bildu ese problema non vai ter.

5 xusticeiro

Recordades o que era Comisións Labregas a forza que tiña no agro galego logo o Sindicato Labrego colleu o relevo ata que veu esta tipa e afundiu todo.

4 xusticeiro

O que faltaba que a culpable de que o Sindicato Labrego Galego estea hoxe case morto e fose adiantado polos sindicatos rurais españolistas sexa candidata de nada por que todo o que toca afúndeo

1 tantarantán

Pero se o SLG xa se integrou fai tempo noutro sindicato español. A grande fonte de conflito que posteriormente levou a despidos improcedentes e demais