O Goberno destina a Galicia máis de 12 millóns de euros para mellorar a dixitalización do Sergas

O delegado do Executivo central en Galicia, José Miñones, celebra esta adxudicación e subliña que "pon de manifesto a aposta do Goberno por mellorar a calidade e a eficiencia dos centros públicos de saúde e dos servizos sanitarios que se ofrecen á cidadanía".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O Goberno central transferiu un total de 220 millóns de euros ás comunidades autónomas para mellorar os seus sistemas sanitarios dixitais. No caso do Servizo Galego de Saúde (Sergas), percibiu 12.431.892,61 euros.

Así o destaca a través dun comunicado a Delegación do Goberno, que explica que a asignación deste montante parte do pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS), co obxectivo de incrementar "a eficiencia e a sustentabilidade" coa aplicación de novas tecnoloxías.

O delegado do Executivo central en Galicia, José Miñones, celebra esta adxudicación e subliña que "pon de manifesto a aposta do Goberno por mellorar a calidade e a eficiencia dos centros públicos de saúde e dos servizos sanitarios que se ofrecen á cidadanía".

"Os investimentos en dixitalización da saúde son fundamentais para mellorar os sistemas hospitalarios e apoiar a prevención de enfermidades, así como para desenvolver ferramentas e infraestruturas de xestión de datos e de información máis efectivas no ecosistema sanitario", recalca o delegado.

As contías transferidas parten dun convenio subscrito en 2016 entre o Goberno e Farmaindustria, segundo o cal o 25 por cento estarán destinadas á xestión económico-financeira de produtos farmaceuticos e outro 25 por cento a integrar os sitemas das autonomías cos servizos dixitais do SNS.

De igual modo, o 50 por cento restante irá destinado a pór en marcha proxectos vinculados coa estratexia nacional de saúde dixital en tres principais áreas: análise de datos; ampliación e renovación das infraestruturas TIC dos centros sanitarios e sociosanitarios; e sistemas integrados de xestión e análise de imaxes médicas.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones | Fonte: Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta