Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 19:14
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou a inadmisión do recurso de casación autonómico promovido pola promotora do edificio construído anexo á Igrexa dos Franciscanos.
Trátase da terceira resolución xudicial favorable ao Concello de Ourense no litixio, tras as polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Ambas avalaron a actuación do goberno municipal ao denegar a licenza de ocupación do inmoble porque existía unha "discordancia substancial" entre as obras executadas e a licenza que lle foi concedida para as mesmas.
O rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, afeou a disposición do promotor "a seguir e seguir aínda que ninguén lle dea a razón". "Consome centos de horas dos empregados do goberno municipal coma se o concello dependese só del, contando coa colaboración dos grupos da oposición".
Así celebrou que "se gañou" o litixio en primeira instancia no Xulgado do Contencioso de Ourense, despois en apelación o Tribunal Superior de Xustiza e agora por terceira vez.
Neste sentido, o alcalde lembrou que o construtor "pediu e o BNG instigou" unha comisión de investigación, que se desenvolveu durante varias xornadas para esclarecer o sucedido co expediente do edificio, e "quedaron en nada porque non había nada escuro".
"Agora o xulgado dános a razón, isto demostra que PSOE e BNG simplemente queren ruído, ruído e ruído e que non pechase a comisión de investigación", profundou o rexedor municipal.
Así pois, o auto ditado pola Sección Especial de casación autonómica declara a inadmisión do recurso de casación, promovido pola promotora, contra a sentenza previa desfavorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e ademais condena en costas ao demandante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.