Evita enganos... Como diferenciar o polbo galego do polbo marroquí

Son da mesma especie e mesmo presentan un sabor semellante, pero algunhas das características que presentan permiten distinguilos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A alta demanda deste famoso prato fai que cada vez sexa máis frecuente atopar polbos doutras rexións pesqueiras e, nalgúns casos, é difícil apreciar as diferenzas. É o caso do polbo de Marrocos e do polbo galego, que ao ser da mesma especie e mesmo presentar similitudes no sabor, é dificil ás veces diferencialos. A chave semella estar nas súas características físicas.

Polbo galego servido no típico prato de madeira
Polbo galego servido no típico prato de madeira | Fonte: Europa Press.

O polbo galego, ao alimentarse de mariscos e vivir nun ecosistema con rochas, é algo máis pequeno e máis escuro que o marroquí, que vive en fondos de area e ten outro tipo de alimentación. Ten polo tanto unha tonalidade máis clara e é máis grande. 

Ademais, no momento de cociñar este produto, tamén podemos observar que se ao cocerse diminúe o seu tamaño, trátase de polbo galego. Ao cociñar o polbo de Marrocos, pola súa banda, a pel mantense pegada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta