Detidos 12 dos 20 activistas de Greenpeace que entraron na planta de Reganosa en Mugardos

Os oito restantes permanecían sen autorización nas instalacións industriais da gaseira.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/11/2021 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron a doce dos vinte activistas da organización Greenpeace que arredor das 08,30 horas deste luns accederon sen autorización á planta que a empresa Reganosa ten no concello de Mugardos para despregar pancartas que rezaban 'O gas é caro e contamina'.

Escaladores de Greenpeace entran na regasificadora de Reganosa en Mugardos
Escaladores de Greenpeace entran na regasificadora de Reganosa en Mugardos | Fonte: MARIO GÓ MEZ - GREENPEACE - Europa Press.

Os arrestados foron trasladados ao cuartel de Ferrol, onde prestarán declaración, mentres que os oito restantes permanecían no mediodía deste luns na planta descolgados con arneses sobre un dos tanques da planta regasificadora situada en Punto Promontorio.

Nesta acción, os integrantes de Greenpeace valéronse de escaleiras para violar a seguridade do recinto, primeiro para saltar o dobre peche e despois para acceder a un dos tanques.

Alí, mostraron pancartas ca lema 'O gas é caro e contamina', unha delas de grandes dimensións que foi despregada desde o alto desta infraestrutura.

Tras o inicidente, Reganosa limitouse a trasladar que non realizarán comentarios sobre "asuntos de orde pública". "Seguimos centrados en garantir a seguridade da subministración eléctrica e posibilitar a transición", sinala a compañía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta