Xornadas de 'novela negra' na Biblioteca de Verín

Por X.M. Fernández | Verín | 21/11/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Tras un parón obrigado provocado pola Covid-19, a Biblioteca Municipal de Verín retoma en xaneiro as que serán as IV Xornadas de Novela Negra. Baixo o título “Personaxes de novela”,  nesta nova edición combinarase o mundo de ficción novelesca coa realidade a través das experiencias de personaxes reais que, a súa vez, teñen un importante papel nas novelas deste xénero literario.

Semana de Novela Negra. Foto: Prensa do Concello de Verín
Semana de Novela Negra. Foto: Prensa do Concello de Verín

Estas xornadas, que terán lugar o venres 21 e sábado 22 de xaneiro de 2022, serán coordinadas, dirixidas e presentadas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín e contarán coa participación de profesionais da talla de Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Victor Souto, comandante da Garda Civil - xefe da sección de Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO); María Berta Rodríguez, médico forense e subdirectora territorial da Coruña do Instituto Médico Legal de Galicia; e dos escritores Arantza Portabales e Alejandro Corral.

Para rematar as xornadas haberá unha mesa redonda dirixida por Rafael Cid, director Centro Territorial. de RTVE Galicia, onde participarán todos os relatores das xornadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta