O naval de Ferrol solidaríaze coa "rebeldía" dos traballadores do metal de Cádiz

A cidade naval acolle unha concentración de apoio á folga indefinida na urbe andaluza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Sobre un centenar de operarios de Navantia Ferrol e da industria auxiliar concentrouse desde as 10,00 horas deste martes, 23 de novembro, ante a entrada principal do estaleiro para mostrar a súa solidariedade cos traballadores do sector do metal en Cádiz, que levan varios días en folga indefinida polas negociacións do convenio provincial deste sector.

A convocatoria foi realizada polo sindicato CGT, cuxo secretario da sección sindical no centro público, Xaquín García Sinde, manifestou que decidiron "convocar esta concentración en apoio dos traballadores do metal de Cádiz por entender que esta folga simboliza á perfección o cansos que están os traballadores coa degradación das condicións laborais".

Ademais, explicou que esta convocatoria pretende "mostrar á perfección a actitude de rebeldía que fai falta para afrontar os continuos retrocesos e a perda de dereitos". "Queremos expresarlles todo o noso apoio, tal e como está a ocorrer coa solidariedade que están a recibir ao longo e ancho de todo o Estado español, para que se vexan representados e que vexan con esperanza a loita dos compañeiros de Cádiz para recuperar dereitos en todo o país", sentenciou García Sinde desde Ferrol.

Concentración convocada pola CXT diante da entrada de Navantia Ferrol.. CEDIDA/EP / Europa Press
Concentración convocada pola CXT diante da entrada de Navantia Ferrol.. CEDIDA/EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta