O sector do xogo presencial únese e organízase en Galicia

Luckia e Comar, principais grupos do sector, veñen de impulsar a nova asociación ASEJUGA.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Co obxectivo aglutinar e unificar nunha soa asociación de carácter transversal a todos os operadores do sector do xogo presencial en Galicia (incluídos os casinos de xogo, as salas de bingo, os operadores de máquinas recreativas e de azar e os operadores de apostas deportivas), as principais firmas Luckia e Comar veñen de impulsar a “Asociación Empresarial de Xogos de azar de Galicia” (ASEJUGA).

Ruleta dun casino
Ruleta dun casino | Fonte: Europa Press.

Tal e como sinalaron os presidentes dos principais grupos do sector, José González e José Collazo, Luckia e  Comar decidiron levar a cabo esta iniciativa ante o "baleiro existente en Galicia de contar cunha única asociación que integre a todos os empresarios dos distintos subsectores desta actividade" independentemente  da dimensión e o subsector no que operen.

En palabras dos presidentes dos grupos cofundadores: “Non pretendemos substituír a outras asociacións, pero é necesario neste momento, no que ademais se está tramitando unha nova Lei de  Xogo que contén unha nova regulación do sector, contar cunha única voz que nos represente e nos defenda”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta